De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, o 26 de decembro de 2024, do proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 132.000 aves, de recría de poñedoras na parroquia de Soutopenedo, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense), promovido por Rosales Grupo Avícola, S.L.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
