DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do Proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, número 73, situada no concello de Val do Dubra, promovido pola sociedade Francisco Gómez y Cía, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE número 143, do 13 de xuño) este departamento territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, o Proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, número 73, situada no concello de Val do Dubra, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Francisco Gómez y Cía, S.L., con domicilio social no lugar da Mina, s/n, Touro, A Coruña.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, rúa Vicente Ferrer, número 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Poderán formular as súas alegacións por escrito ante o dito órgano administrativo, que presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do dito proxecto, cuxa autorización lle compete á Consellería de Economía e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 30 de decembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña