Advertidos erros no Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (Transgal), ao cal se lle deu publicidade na referida resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 153, do 8 de agosto de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 19, no punto 4.1, onde di: «6.1», debe dicir: «6.2».
Na páxina 63, onde di: «X482: materia sólida que reacciona perigosamente coa auga, desprendendo gases tóxicos.», debe dicir: «X482: materia sólida que reacciona perigosamente coa auga, desprendendo gases corrosivos.».
A corrección de erros do Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (Transgal) está publicada no enderezo da páxina web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/plans-de-emerxencia
