DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2025 Páx. 3376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2023/189-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de reconectador TC na LMTA PRS811 no apoio número 104, situada no concello de Vilamarín.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requírense para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 20 de decembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/189-3.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA PRS811 no apoio número 104.

Concello: Vilamarín.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

1

Agro do Cura

32088A048000590000BH

Ramón Boimorto Pérez

Enderezo descoñecido

19.12.2024