En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Gasocentro Caldas, S.L.
NIF: B-94.033.800.
Expediente: DH.V36.105685.
Lugar: O Cruceiro de Santiago, 13.
Parroquia: Godos.
Concello: Caldas de Reis.
Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.
Caudal máximo anual 1: 925 m3/ano.
Punto de vertedura 1: X=524.868; Y=4.714.489.
Medio receptor 1: infiltración no terreo (cunca do río Umia).
Tratamento/evacuación 1:
As augas residuais industriais procedentes da zona de descarga e da zona do depósito superficial son tratadas nun separador de hidrocarburos de 15 L/s; o efluente depurado vértese por infiltración no terreo mediante un pozo filtrante.
Tipo de vertedura 2: augas residuais asimilables a domésticas depuradas.
Caudal máximo anual 2: 86,80 m3/ano.
Punto de vertedura 2: X=524.868; Y=4.714.489.
Medio receptor 2: infiltración no terreo (cunca do río Umia).
Tratamento/evacuación 2:
As augas residuais asimilables a domésticas xeradas nas instalacións son tratadas mediante fosa séptica con filtro biolóxico deseñada para 4-6 habitantes equivalentes; o efluente depurado vértese por infiltración no terreo mediante un pozo filtrante.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
