DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Meaño (expediente DH.A36.91787).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Luis Vázquez Pérez, en representación da Comunidade de Regantes de Ganón.

Expediente: DH.A36.91787.

Volume total anual: 1.647,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,4 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parc. 21, pol. 40, do catastro de Meaño.

Lugar: Ganón.

Parroquia: Xil.

Concello: Meaño.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta con aros de formigón e condúcese a caseta na parcela 6705710NH1060N0001QT que alberga 12 depósitos individuais 500 l. De cada depósito parte condución ata as parcelas de rega da comunidade no lugar de Ganón.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de xuño de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur