A instalación denominada Substitución do apoio 9S8VSODS//39-13 na LMTA VAR803B foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 24 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 23 de xaneiro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Vilanova de Arousa.
A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, informándoa de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Vigo, 20 de decembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m2 solo |
|
1 |
36061A028001620000LJ |
Agro Longo |
María Josefa Piñeiro Caneda |
1 |
1,69 |
