DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2025 Páx. 3932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convoca a interesada ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio 9S8VSODS//39-13 na LMTA VAR803B, no concello de Vilanova de Arousa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio 9S8VSODS//39-13 na LMTA VAR803B, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre os bens afectados o representada por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 20 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/319-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución apoio 9S8VSODS//39-13 na LMTA VAR803B.

Concello: Vilanova de Arousa.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36061A028001620000LJ

Agro Longo

María Josefa Piñeiro Caneda

23 de xaneiro de 2025

12.00