DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2025 Páx. 3936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia deste departamento.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Lorenzo Fraga Castro

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2021/209 de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica LMTA, LMTS, CTC O Pinar, no concello de Ribadumia.

Alcira Lucila Domínguez Martínez

Resolución do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2022/340-4).

Alejandro Rodríguez Rodríguez

Elia Rodríguez González

Resolución do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oia (expediente IN407A 2023/157-4).

Roberto Alonso González

Resolución do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2023/191-4).

Aurelio Porto Piñeiro

Josefina Menor Buceta García

Marina Casas Martínez

Manuel Torres Outeda

Manuela Porto Piñeiro

Miguel Martínez López

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/487-4 de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica LMT, CT Campañó de Arriba, no concello de Pontevedra.