DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2025 Páx. 3969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade de dúas prazas de oficial de policía local (funcionario/a de carreira) por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 4, do 8 de xaneiro de 2025, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a provisión en propiedade de dúas prazas de oficial de policía local (funcionario/a de carreira) por promoción interna correspondente ás ofertas de emprego público do Concello de Boiro de 2023 e 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 9 de xaneiro de 2025

José Ramón Romero García
Alcalde