Mediante a Resolución do 13 de novembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (DOG núm. 225, do 21 de novembro), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de supervisor/a da Área de Enfermaría no Hospital Universitario de Ourense.
De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Enfermaría, a que se fai referencia na base quinta, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do sistema público de saúde de Galicia,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de supervisor/a da Área de Enfermaría no Hospital Universitario de Ourense, sinalado no anexo desta resolución.
Segundo. Nomear, no posto que se indica, a persoa que se cita no anexo desta resolución.
Terceiro. O/a profesional nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.
Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, de conformidade co artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio, ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da área sanitaria.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria, por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ourense, 7 de xaneiro de 2025
José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
Posto: supervisor/a da área funcional de servizos centrais no Hospital Universitario de Ourense.
Nome e apelidos: Diego Castro Diéguez.
DNI (*): ***9473**.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
