Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo a resolución de desistencia e arquivamento ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
A resolución foi ditada pola persoa titular do Departamento Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser recorrida en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.
Lugo, 23 de decembro de 2024
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. de expediente |
DNI |
Acto notificado |
|
LU-2024/00175 |
33557844Q 33561952F |
Resolución de desistencia e arquivamento |
