DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2025 Páx. 4662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-CO-0046/2024-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores, en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro; BOE núm. 307, do 24 de decembro), son notificados á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada, poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 23 de decembro de 2024

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANP-CO-0046/2024-V

53307875Q

Acordo de inicio