DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2025 Páx. 4637

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2025 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de titulado/a superior en Química existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre.

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), en virtude das competencias atribuídas pola Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto, anuncia a aprobación da convocatoria para a cobertura definitiva de dous postos de titulado/a superior en Química existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías seguintes:

Posto

Grupo

Categoría

Vacante

Sistema de acceso

Titulado superior

I

3

1

Concurso-oposición

Titulado superior

I

3

1

Concurso-oposición

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/transparencia/convocatorias/default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilaxoán, 8 de xaneiro de 2025

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia