DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-FE-0292/2024-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-FE-0292/2024-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 27 de decembro de 2024

A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024 do titular da Consellería do Mar)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0292/2024-PPM

Y0540917V

Proposta de resolución

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 1, 3º B, Santiago de Compostela