De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0016/2024-PPM e un máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.
Celeiro, 27 de decembro de 2024
A directora territorial de Celeiro
P.S. (Resolución do 13.5.2024 da persoa titular da Consellería do Mar)
María Nazaret Díaz Rifón
Xefa do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
|
PSC-LU-0016/2024-PPM |
11444988G |
Resolución |
R/ Rubines, 8, Soto del Barco |
|
PSC-LU-0017/2024-PRE |
34637209Z |
Resolución |
R/ Valle Inclán, 4, 1º B, Burela |
