DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5215

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro da Consellería de Facenda
e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de setembro, outubro,
novembro e decembro do ano 2024

Convenio

Achega da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e o Consello de Contas de Galicia sobre atribución de competencia de recursos contractuais

0

25.11.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación (Agalure) para o desenvolvemento de accións en materia de xogo responsable, durante o ano 2024

5.000

12.12.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Aadministración Pública e a Asociación Gallega de Jugadores Anónimos (Agaja) para o apoio de accións en materia de xogo responsable, durante o ano 2024

5.000

16.12.2024