DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5008

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo un. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo dous. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2024 que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes nos meses de setembro, outubro, novembro
e decembro do ano 2024

Convenio

Achega económica
da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Guarda para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán 2024.

12.500,00 €

2.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Lugo para o financiamento dos gastos de funcionamento desta organización colexial.

1.263,08 €

4.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a execución do proxecto A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación V.

60.000,00 €

4.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Oroso para a execución dun aparcadoiro disuasorio na marxe esquerda da estrada N-550 en Sigüeiro, na alameda de Gois, termo municipal de Oroso.

53.734,78 €

12.9.2024

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello da Arnoia para a realización das obras de ampliación de instalacións deportivas no campo de fútbol da Queixeira.

38.719,82 €

16.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) para a execución do proxecto Adaptación ao cambio climático mediante o fortalecemento dos mecanismos de comercialización e propostas de turismo sustentable como estratexia de diversificación da pesca artesanal na provincia de Piura no Perú.

75.000,00€

16.9.2024

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Consello Galego dos Procuradores para compensar os/as profesionais da procuradoría designados/as en virtude de requirimento xudicial cando non exista un recoñecemento expreso do dereito de asistencia xurídica gratuíta.

75.000,00 €

17.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Consello Galego dos Procuradores, para a colaboración en materia de mediación no ámbito civil e mercantil no ano 2024.

15.000,00 €

17.9.2024

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Lousame para a realización das obras de vestiarios no campo de fútbol municipal.

209.824,42 €

19.9.2024

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Pantón para a realización das obras de mellora nas instalacións do complexo deportivo do Valiño.

32.379,92 €

19.9.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

50.000,00 €

20.9.2024

Prórroga do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos de Santiago de Compostela e Teo, para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos.

0 €

20.9.2024

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Vilagarcía de Arousa para obras de reparación de estrutura, substitución de cubertas, mellora da envolvente e acondicionamento interior no pavillón polideportivo de Fontecarmoa.

350.000,00 €

30.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Escola Galega de Administración Pública para a organización do curso de formación de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

7.950,00 €

30.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ferrol para a transmisión da titularidade dun aparcadoiro disuasorio executado no termo municipal de Ferrol, na contorna de San Xoán, financiado polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

0 €

9.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación dos Ferrocarrís de Galicia para garantir o funcionamento do Museo Galego do Ferrocarril e o desenvolvemento de actividades de exhibición dos fondos materiais propiedade deste, a divulgación destes entre a sociedade e o fomento do transporte ferroviario.

30.000,00 €

9.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Fonsagrada para a execución do proxecto de reposición da cuberta na Casa das Asociacións da Fonsagrada.

40.000,00 €

11.10.2024

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Muíños para melloras varias nas instalacións do campo de fútbol municipal.

0 €

14.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Laxe para obras de melloras na cantina e no peche do campo de fútbol municipal Rogelio Martínez.

18.000,00 €

16.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para a realización do proxecto Remodelación da casa sanitaria Galicia afectada polas inundacións.

35.000,00 €

16.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Colexio de Avogados de Santiago para o desenvolvemento do programa experimental de mediación no ámbito penal en Santiago de Compostela en 2024.

10.000,00 €

16.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade e o Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a colexiados e atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

40.000,00 €

21.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Universidade de Santiago de Compostela, para a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro.

300.000,00 €

21.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Asociación Comité Español da UNRWA (UNRWA España) para o proxecto Previr a violencia de xénero e mellorar a protección infantil da poboación refuxiada de Palestina na zona sur de Cisxordania, 2024.

84.000,00 €

21.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (O Comité Español do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) para o proxecto Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSG) e a vulneración de dereitos das mulleres e as nenas, con especial atención na trata con motivos de explotación sexual, na República Democrática do Congo-RDC.

84.000,00 €

21.10.2004

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Fundación UNICEF Comité Español para o proxecto Prevención e resposta á emigración, o tráfico e a violencia de xénero no Distrito de Napak da rexión de Karamoja, Uganda.

84.000,00 €

21.10.2004

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para a realización do proxecto Reforzo da atención sanitaria a través da dotación de equipos, medicamentos e alimentación no hospital nacional central.

100.000,00 €

22.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Colexio de Avogados da Coruña, para o desenvolvemento do programa experimental de mediación no ámbito penal na Coruña en 2024.

10.000,00 €

23.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Semana Verde de Galicia para asistir cun posto informativo de Expobús Iberia 2025 á Feira Internacional do Autobús e o Autocar 2024 en Ifema Madrid.

5.079,06 €

25.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Baralla para a execución do proxecto de mellora da traída de augas da Pena-Papín.

42.279,84 €

28.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Riós para a execución do proxecto denominado Limpeza urxente de quince sistemas de depuración do concello de Riós.

14.858,69 €

29.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello das Nogais para a execución do proxecto de mellora enerxética do centro sociocultural.

42.349,24 €

29.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Gomesende para a execución do proxecto de mellora da eficiencia enerxética na Casa do Concello.

30.000,00 €

29.10.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ortigueira para o desenvolvemento de actividades de promoción deportiva no ámbito rural local.

0 €

5.11.2024

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Portas para a realización das obras de reforma no pavillón polideportivo da Rapeira.

29.573,32 €

5.11.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Folgoso do Courel para a execución do proxecto renovación de instalacións de iluminación pública.

42.350,00 €

5.11.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello do Incio para a adquisición dun vehículo pick-up destinado á protección do ambiente e do espazo natural.

42.350,00 €

5.11.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e as organizacións non gobernamentais Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asamblea de Cooperación por la Paz para a execución do proxecto Activistas polo mundo que queremos 2024-2025.

70.000,00 €

5.11.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Punxín para a execución do proxecto reforma da iluminación pública en varios lugares do termo municipal de Punxín.

16.000,00 €

6.11.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Merca para a execución do proxecto actuacións urxentes e melloras de xestión do abastecemento e depuración da auga da Merca.

16.516,31 €

6.11.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (actual Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e o Concello de Ferrol para o desenvolvemento do proxecto denominado Ferrol cidade do deporte.

0 €

14.11.2024

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas para a construción de vestiarios nas instalacións deportivas da Freixa.

0 €

14.11.2024

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Ortigueira para subministración dunha pista multideporte desmontable para o peirao de Ortigueira.

17.968,50 €

18.11.2024

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade e mais o Consello da Avogacía Galega, para o desenvolvemento de accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

130.000,00 €

18.11.2024

Addenda pola que se modifica o convenio de colaboración subscrito o 3 de xuño de 2024 entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia), para a realización dun proxecto de adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil en 2024.

2.500,00 €

18.11.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Tríatlon para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

20.11.2024

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do grao en Nutrición Humana e Dietética da Facultade de Ciencias no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

22.11.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Xunqueira de Ambía para a execución do proxecto denominado actuacións urxentes de reparación dos danos ocasionados polos temporais.

16.500,00 €

22.11.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e Fundación UNICEF Comité Español para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

50.000,00 €

22.11.2024

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (actual Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes), e o Concello da Estrada para a execución das obras de execución de módulo cuberto multideporte.

0 €

3.12.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cerdido para a adquisición dun vehículo pick-up destinado á protección do ambiente e do espazo natural.

42.350,00€

3.12.2024

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e a Deputación Provincial de Ourense para a realización de obras no complexo lúdico deportivo de Monterrei, no Pereiro de Aguiar.

0 €

5.12.2024

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de actuacións que redunden en beneficio do deporte en Galicia e da comunidade universitaria galega.

0 €

5.12.2024

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Consello da Avogacía Galega para compensar os profesionais da avogacía designados en virtude de requirimento xudicial ou pola asistencia prestada á persoa detida ou investigada cando non exista un recoñecemento expreso do dereito de asistencia xurídica gratuíta.

200.000,00 €

9.12.2024

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 23 de xullo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para a anticipación de actuacións de promoción do transporte público que se implantarán a través da constitución da Área de Transporte de Galicia.

0 €

13.12.2024

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 23 de xullo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para a implantación dun servizo de interese municipal no Concello de Pontevedra.

0 €

13.12.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ribadumia para a transmisión da titularidade dun aparcadoiro disuasorio executado no termo municipal de Ribadumia, na contorna do p.q. 9+000 da autovía do Salnés (AG-4.1) en Barrantes, financiado polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

0 €

17.12.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (na actualidade Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e a Fundación Pública Galega Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para regular o réxime de coordinación da programación das actividades deportivas e feirais e as actividades de mantemento, conservación e funcionamento da pista de atletismo cuberta do recinto feiral e deportivo de Expourense, na cidade de Ourense.

120.000,00 €

18.12.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (na actualidade Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e a Fundación Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para regular o réxime de coordinación da programación das actividades deportivas e feirais e as actividades de mantemento, conservación e funcionamento do módulo de atletismo instalado no pavillón nº 5 do Ifevi.

120.000,00 €

19.12.2024

Prórroga do convenio de encomenda de xestión entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda, para a fabricación e entrega de tarxetas de tacógrafo dixital e tarxetas de cualificación de condutores.

284.843,00 €

19.12.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Marín para a transmisión da titularidade dun aparcadoiro disuasorio executado no termo municipal de Marín, na contorna do núcleo de Ameal, financiado polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

0 €

19.12.2024

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A., polo que se instrumenta a integración desta empresa na área de transporte metropolitano de Ferrol.

60.000,00 €

20.12.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a aplicación das tarxetas da mobilidade de Galicia (TMG e TMG Xente Nova).

145.436,00 €

20.12.2024

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 22 de febreiro de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira, para o establecemento de accións de promoción da utilización do transporte.

0 €

20.12.2024

Addenda primeira ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Portos de Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Moaña para a execución das obras de reforma e mellora da nave de deportes náuticos no porto de Moaña.

0 €

26.12.2024

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e a empresa Monbús Urbanos, S.A.U., como contratista do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e obrigas asociadas a estas na Área de Transporte Metropolitano de Lugo.

0 €

27.12.2024

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e a empresa Compañía de Tranvías de

La Coruña, S.A., como concesionaria do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e as súas obrigas asociadas na Área de Transporte Metropolitano da Coruña.

0 €

30.12.2024

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e as empresas UTE Tralusa, Arriva Galicia, S.L. como prestatarias do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e as súas obrigas asociadas na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.

0 €

31.12.2024

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024

Convenio

Achega económica
da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Bádminton para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

23.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Loitas Olímpicas e Disciplinas Asociadas para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

23.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Tríatlon para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

23.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Atletismo para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

24.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Judo e Deportes Asociados para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

24.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Remo para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

24.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Ximnasia para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

24.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Vela para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

29.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Natación para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

29.5.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Federación Española de Taekwondo para o desenvolvemento dun programa deportivo de alto rendemento e un programa estatal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

0 €

2.7.2024