DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5687

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de A Cernada

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Roberto Martínez Alonso, con DNI ***9105**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de A Cernada (Gondomar), por medio deste anuncio convoco o vindeiro día 9 de febreiro de 2025, no Centro Cultural de Vincios, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Información dos traballos realizados.

3. Solicitude de novo comuneiro.

4. Contas do ano 2024.

5. Orzamento do ano 2025.

6. Actualización da cota anual.

7. Actualización da cota por non asistencia a traballos.

8. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións en nome da comunidade.

9. Afiliación a Coxapo.

10. Rogos e preguntas.

Gondomar, 18 de decembro de 2024

Roberto Martínez Alonso
Presidente da Comunidade de Usuarios de A Cernada