De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados pola Resolución do 9 de outubro de 2024 (BOE do 19 de outubro), de conformidade co artigo 35.2 do Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeadas funcionarias para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.
Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artígo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 19 de decembro de 2024
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
ANEXO
|
Nome e apelidos |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Nº praza |
|
Daniel López López |
Catedrático de universidade |
Enfermaría |
Ciencias da Saúde |
24/007 |
|
Ánxela María Bugallo Rodríguez |
Profesora titular de universidade |
Didáctica das Ciencias Experimentais |
Pedagoxía e Didáctica |
24/013 |
