Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro), convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade coa base sexta da resolución da convocatoria, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa convocado pola Resolución de 19 de decembro de 2023.
Segundo. A lista coa relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderase examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á mesma unidade da validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentada debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.
Cuarto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de persoas admitidas e excluídas e de exentas e non exentas do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
