A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para contratar nove persoas en prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da Fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/.
O prazo de recepción das solicitudes finalizará aos dez días naturais contados a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025
Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación
Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)
