BDNS (Identif.): 809968.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarias
Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2025, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, tramitada por anticipado de gasto (códigos de procedemento TR807A e TR807B).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínase un millón noventa e nove mil oitocentos euros (1.099.800 €), de acordo coa seguinte distribución:
Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2025.
780.200 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais solicitantes, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2024 en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.
Axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.
319.600 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2024 en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
