No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 10, do 16 de xaneiro de 2025, publicouse a convocatoria e as bases xerais e específicas que regulan os procedementos selectivos sobre as prazas presentes na oferta de emprego público ordinaria e extraordinaria para o ano 2024, aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 27 de decembro de 2024. As prazas convocadas son as seguintes:
Unha (1) praza de técnico/a de Administración xeral, clase funcionario, grupo A, subgrupo A1, Administración xeral, praza de acceso por quenda libre, pertencente á oferta de emprego público ordinaria (anexos I e II).
Unha (1) praza de traballador/a social, clase funcionario, grupo A, subgrupo A2, Administración especial, praza de acceso por quenda libre, pertencente á oferta de emprego público extraordinaria (anexos I e III).
Unha praza (1) de asesor/a xurídico/a do CIM, clase laboral, grupo I, persoal técnico, praza de acceso por quenda libre, pertencente á oferta de emprego público extraordinaria (anexo IV).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, fanranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Barbadás, 16 de xaneiro de 2025
Xosé Carlos Valcárcel Doval
Alcalde
