DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Páx. 6568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada a Nutrimentos del Campo, S.A. (Nucamsa), para a fábrica de pensos na Rocha, no concello de Dozón (Pontevedra) (expediente 2020-IPPC-M-30).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, de 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: fábrica de pensos na Rocha

Procedemento: revisión da

autorización ambiental integrada

Titular: Nutrimentos del Campo, S.A.

Núm. rexistro: 2006/0393_NAA/IPPC_135

Localización: concello de Dozón

(Pontevedra)

Expediente: 2020-IPPC-M-30

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade