O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
ANEXO
|
Denominación do convenio |
Achega da consellería |
Data da sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Lugo sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional. |
Sen custo |
6.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a realización de charlas de concienciación do programa Navega con rumbo. |
Sen custo |
11.9.2024 |
|
Addenda terceira ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Manzaneda para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello. |
37.202,00 € |
12.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para a prestación de servizos educativos ao alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave. |
341.175,07 € |
20.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC). |
Sen custo |
20.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Erik Lövaas para Autismo. |
Sen custo |
20.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga Piñeiro para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia de sanidade. |
36.000,00 € |
24.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Sanxenxo para a impartición de ensinanzas de formación profesional básica en Cociña e Restauración. |
Sen custo |
24.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Juan de la Cierva (convocatoria Ministerio de Ciencia e Innovación de 2022). |
140.000,00 € |
27.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Ivgo para o cofinanciamento das axudas Ramón y Cajal (convocatoria Ministerio de Ciencia e Innovación de 2022). |
1.296.000,00 € |
27.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Universidade de Vigo (UVIGO) para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense 2024-2027. |
3.256.850,00 € |
27.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña para o desenvolvemento do programa Talentos Inclusivos. |
Sen custo |
30.9.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Autismo Galicia. |
Sen custo |
30.9.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P (CSIC), para a realización nos institutos, centros e unidades do CSIC dos períodos de formación en empresa no ámbito da Formación Profesional. |
Sen custo |
2.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e El Progreso de Lugo, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
24.611,00 € |
4.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e La Región, S.A. e Rías Baixas Comunicación para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
22.827,00 € |
4.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Lérez Ediciones, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
10.344,00 € |
4.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e La Capital, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
7.490,00 € |
4.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
139.462,00 € |
7.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Faro de Vigo, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos |
52.432,00 € |
7.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e EPI Prensa, S.L.U. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
12.840,00 € |
7.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e La Opinión de la Coruña, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
4.994,00 € |
7.10.2024 |
|
Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para a realización das prácticas académicas externas curriculares (Prácticum) correspondentes aos títulos de grao impartidos nas facultades de Ciencias da Educación, Facultade de Educación e Traballo Social, Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte e facultades de Formación do Profesorado ou nos centros adscritos a elas. |
Sen custo |
7.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE). |
Sen custo |
8.10.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Real Academia Galega de Ciencias para levar a cabo a exposición José Rodríguez, o matemático de Bermés. |
32.500,00 € |
9.10.2024 |
|
Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora. |
Sen custo |
11.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Raiolas Lugo (RAIOLAS). |
Sen custo |
11.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares (Asotrame). |
Sen custo |
11.10.2024 |
|
Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas I+D+i 2023-2024. |
1.078.644,44 € |
15.10.2024 |
|
Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo (UVIGO) para o desenvolvemento de accións estratéxicas I+D+i 2023-2024. |
2.356.188,62 € |
15.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Princesa de Girona para o desenvolvemento de prácticas curriculares das titulacións de grao en Educación Infantil, grao en Educación Primaria ou dobre grao en Educación Infantil e Primaria. |
Sen custo |
15.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Consorcio Universitario Centro Asociado á UNED en Lugo para o desenvolvemento do bacharelato de excelencia STEM (STEMbach) no marco da estratexia Educación Dixital 2030. |
Sen custo |
16.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza para a realización e a promoción de actividades de carácter educativo, social e cultural en centros educativos. |
Sen custo |
21.10.2024 |
|
Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas I+D+i 2023-2024. |
1.194.118,04 € |
22.10.2024 |
|
Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), para a realización das prácticas externas curriculares (Prácticum) dos títulos de grao en Educación Infantil; certificado oficial da formación pedagóxica e didáctica que habilita para o exercicio da docencia; grao en Educación Social; grao en Pedagoxía e grao en Psicoloxía. |
Sen custo |
24.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora. |
Sen custo |
27.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños. |
Sen custo |
29.10.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Entidade Inclusiva Diaconía España (DIACONÍA). |
Sen custo |
5.11.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Federación Galega de Municipios e Provincias en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados. |
658.864,00 € |
12.11.2024 |
|
Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ) e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o reforzo de persoal de xestión da transferencia e a innovación e a consolidación de estruturas de investigación. |
900.000,01 € |
12.11.2024 |
|
Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2023. |
Sen custo |
25.11.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o equipamento en innovación educativa e para unha plataforma de compartición de equipamento científico-técnica de Galicia. |
9.349.901,46 € |
25.11.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Alcohol y Sociedad (FAS) |
Sen custo |
25.11.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Down Galicia para favorecer a atención educativa pola inclusión do alumnado coa síndrome de Down ou con discapacidade intelectual. |
Sen custo |
25.11.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster en desenvolvemento económico e innovación. |
6.000,00 € |
27.11.2024 |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia para fomentar a transferencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia. |
210.000,00 € |
9.12.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2024. |
3.105.000,00 € |
10.12.2024 |
|
Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais de música e de danza, e superiores de música. |
Sen custo |
10.12.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Procolegio de Pedagogos y Psicopedagogos de Galicia (Procolpega). |
Sen custo |
10.12.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2024. |
4.085.000,00 € |
11.12.2024 |
|
Addenda terceira ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Oroso para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello. |
11.748,00 € |
13.12.2024 |
|
Convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o complexo industrial ALCOA San Ciprián sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional. |
Sen custo |
16.12.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional. |
Sen custo |
18.12.2024 |
|
Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) para a inclusión no sistema da Seguridade Social do alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial no período de formación en empresa ou organismo equiparado. |
1.049.688,18 € |
18.12.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2024. |
2.810.000,00 € |
20.12.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas curriculares non remuneradas do alumnado do grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española na Escola Oficial de Idiomas de Vigo. |
Sen custo |
23.12.2024 |
