DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Páx. 6593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2024/305-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Regulamentación LMT MOS707: substitución do apoio A34SF8R0//A34SF8R0.

Situación: Mos.

Características técnicas:

Substitución do apoio A34SF8R0//A34SF8R0 da LMTA MOS707 Peinador, 7, por un apoio C-2000/16.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 98 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 A34SF8R0//A34SF8R0 e final no apoio existente A365BRSI//A365BRSI.

Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado C-2000/16.

A instalación está situada en Fontes, no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/305-4.

Denominación: Regulamentación LMT MOS707: substitución do apoio A34SF8R0//A34SF8R0.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Fontes

Matogueira

36033A032001770000SW

Hrdos. Bienvenido Alonso Bugarín

A34SF8R0//A34SF8R0

2,00