DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Páx. 6599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se somete a información pública o proxecto dun centro de procesamento de datos e as súas infraestruturas en Curtis (A Coruña), promovido por Galicia Green Data Center, S.L. declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de setembro de 2024.

En cumprimento do disposto no artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, sométese a información pública a solicitude relacionada co proxecto que se detalla a continuación.

Antecedentes:

1. O 9.9.2024, o proxecto dun centro de procesamento de datos e as súas infraestruturas asociadas en Curtis ( A Coruña), promovido por Galicia Green Data Center, S.L. foi declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

2. O 11.12.2024, o promotor presenta a documentación exixida pola normativa aplicable. Unha vez completa a documentación de acordo co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria continúa coa tramitación do expediente e somete a información pública o proxecto dun centro de procesamento de datos e as súas infraestruturas asociadas no concello de Curtis (A Coruña).

• Solicitante/promotor: Galicia Green Data Center, S.L.

• NIF: B70639513.

• Domicilio social: rúa Camiños da Vida, s/n, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Denominación do proxecto: implantación dun centro de procesamento de datos e as súas infraestruturas asociadas.

• Concello afectado pola industria: Curtis (A Coruña).

• Situación da industria: polígono industrial de Curtis-Teixeiro (A Coruña).

Parcelas números: B5, B6, B8 e B9.

• Descrición do proxecto: construción dun centro de procesamento de datos formado por un edificio que se divide en 3 salas IT diferentes e que terá nas zonas adxacentes as salas arrefriadoras e os grupos electróxenos, inclúe unha subestación eléctrica transformadora (SET) anexa ao Data Center, así como unha conexión principal cunha liña eléctrica subterránea de 66 kV que conectará a SET Sidegasa coa SET anexa ao Data Center e unha subministración secundaria de 15 kV na SET Sidegasa.

• Investimento: 50.800.000 €.

• Documentación que se expón:

– Proxecto dun centro de procesamento de datos coas súas liñas de subministración eléctrica e unha subestación eléctrica transformadora.

O que se fai público, de conformidade co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A dita documentación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía e Industria, a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/proxectos-industriais-estratexicos

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético