En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación da LMTA ALL803 no tramo entre os apoios núm. 70-18 e núm. 70-18-4.
Situación: lugares da Corga e Tesiño, concello de Sandiás.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución, na LMTA ALL803, dos apoios con número 70-18-1, 70-18-2 e 70-18-3 por 3 novos apoios de celosía metálica do tipo C-16/3000, C-16/1000 e C-16/1000 respectivamente. Substitución do condutor existente entre os apoios existentes número 70-18 e 70-18-4 por 446 m de novo condutor LA-56.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 9.10.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Poderase examinar toda a documentación neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 26 de decembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Número de expediente: IN407A 2024/163-3.
Situación: lugares da Corga e Tesiño, concello de Sandiás.
Denominación: regulamentación da LMTA ALL803 no tramo entre os apoios núm. 70-18 e núm. 70-18-4.
Predio número en proxecto: 1. Referencia catastral: 32078A502008990000FB.
Lugar: Arnán.
Cultivo: prado.
Titular: José Luis Gómez Ferreiro.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 70-18-3.
