DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Páx. 6516

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2025 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público de vinte e oito prazas de profesorado axudante doutor.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), así como na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2025 se convoca un concurso público para contratar persoal docente e investigador na seguinte categoría:

Profesor/a axudante doutor/a: 28 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na súa páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado