DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6907

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (Resolución do 7 de novembro de 2024), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, Resolución do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 222, do 22 de novembro), que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 1 de febreiro de 2025 ás 9.00 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal