DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente CO-RES-2023-067 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

CO-RES-2023-067

Antonio López García

Resolución de expediente sancionador

OU-RES-2023-088

María del Rocío Gabarres Jiménez

Resolución de expediente sancionador

OU-RES-2023-088

Margarita Gabarres Montoya

Resolución de expediente sancionador

OU-RES-2023-091

Luis Montes Montes

Resolución de expediente sancionador

OU-RES-2023-097

Francisco Javier Ortega Carpintero

Resolución de expediente sancionador

OU-RES-2023-098

Manuel Vázquez Outeiriño

Resolución de expediente sancionador

PO-RES-2023-112

Guillermo Alvarellos Miguélez

Resolución de expediente sancionador