Mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, das instalacións eléctricas no concello de Vilariño de Conso (expediente IN407A 2024/098-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 10 de xaneiro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/098-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA SMI805 no tramo entre os apoios nº 82 e nº 87.
Situación: lugar de Soutelo, concello de Vilariño de Conso.
Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32093A025007240000TG.
Lugar: Corredoira.
Cultivo: monte baixo.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 83.
Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32093A025007080000TJ.
Lugar: Corredoira.
Cultivo: monte baixo.
Titular: Leotina García Merino.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 85.
