DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2025 polo que se notifica o oficio de data do 4 de decembro de 2024 ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0375-2024.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 28 de outubro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística por obras realizadas en solo rústico, expediente PO-0375-2024.

O 9.12.2024 e o 10.12.2024 intentouse notificar o oficio de data 4.12.2024 en que se remitía modelo AI para os efectos de efectuar o pagamento da taxa, con motivo de la solicitude de petición de copia do expediente da interesada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do citado oficio á persoa interesada con documento nacional de identidade número 36090055L mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o citado oficio mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do oficio que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística