DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2025 Páx. 7769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/355-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 10 de decembro do 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado Substitución de apoios 123-B1, 123-B2 e 123-B2-1 e instalación de RC na LMTA POT-803 Mazaricos, no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/355-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está a disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente IN407A 2023/355-1

Substitución de apoios 123-B1, 123-B2 e 123-B2-1 e instalación de RC na LMTA POT-803

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Mazaricos

Proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Dolores Domínguez Castelo

15046A504000600000PQ

Santa

Leocadia

Novo apoio

nº 123-B1

1,69

Rústico

3

María Bermúdez Alvite e outros

15046A504010670000PM

Quinta de Benito

Novo apoio nº 123-B2

1,69

18,57

31,09

Rústico

4

Descoñecida/o

15046A504010770000PJ

Lamoso

Novo apoio nº 123-B2-1

1,21

70,88

152,98

Rústico

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.