BDNS (Identif.): 810852.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ter a condición de entidades beneficiarias da subvención:
a) As persoas empregadoras e empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica atendendo ao previsto no Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
b) Os centros privados de I+D+i, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que teñan definida, nos seus estatutos ou no seu obxecto social ou normativa que os regule, a I+D+i como actividade principal.
Segundo. Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2025 das subvencións do Programa Investigo (código de procedemento TR349V).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento TR349V).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínanse catro millóns oitocentos dezasete mil catrocentos euros (4.817.400 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitude das axudas será dun mes e comezará o día 4 de febreiro de 2025.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
