DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2025 Páx. 7800

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Regadores de Vilán

ANUNCIO da exposición pública dos estatutos.

Pablo Lage Portela, NIF ***0532**, veciño de Vilán, domiciliado en Vilán, 23, Fornelos de Montes, actuando como presidente da Comunidade de Regadores de Vilán, comunico a todos os partícipes da comunidade que as ordenanzas e regulamentos da comunidade estarán expostos ao público no local da Casa do Pobo de Vilán en Vilán, parroquia de Fornelos de Montes, durante o prazo de trinta (30) días, contados desde a publicación desta nota-anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan ser examinadas e prestar as alegacións que consideren oportunas.

Fornelos de Montes, 7 de xaneiro de 2025

Pablo Lage Portela
Presidente da Comunidade de Regadores de Vilán