Pola Resolución reitoral do 19 de decembro de 2023 (DOG do 4 de xaneiro de 2024 e BOE do 13 de xaneiro de 2024) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas na categoría profesional de técnico/a de investigación, área electrónica-mecánica, grupo III, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 8 de febreiro de 2024 (DOG do 19 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Rematado o prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 24 de febreiro de 2025, ás 10.00 horas, no Edificio Cactus (rúa de Constantino Candeira, número 1, Santiago de Compostela).
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizou a proba anterior, no taboleiro electrónico da Universidade e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
