No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 246, con data do 19 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a provisión dunha (1) praza vacante, da categoría de inspector principal da escala executiva e integrada na escala de Administración especial, subescala de Servizos Especiais, clase Policía Local, do grupo de clasificación profesional A, subgrupo A2, asociada ao posto 06.01.00.00 da RPT, e incluída na oferta de emprego público de 2023, polo sistema de concurso oposición mediante promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.
O Porriño, 19 de decembro de 2024
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
