De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), modificado pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, de varios postos de Supervisión da Área Funcional na Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, que se relacionan no anexo I.
Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa Orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no rexistro da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Pontevedra, 16 de xaneiro de 2025
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO I
Prazas
|
Denominación |
Prazas |
Centro |
|
Supervisión da Área Funcional de Servizos Centrais Médicos |
1 |
Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra |
|
Supervisión da Área Funcional de Recursos Humanos |
1 |
Complexo Hospitalario Universitario Pontevedra |
|
Supervisión da Área Funcional de Coordinación de Atención Hospitalaria e de Atención Primaria |
1 |
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés |
