Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polo ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma ATI727 entre os apoios A1M5RUP8-TI16-26 e A1DP7BN9-TI16-33, que se realizarán na casa do concello do Porriño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si ou representada por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 14 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/103-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Reforma ATI727 entre os apoios A1M5RUP8-TI16-26 e A1DP7BN9-TI16-33.
Concello: O Porriño.
|
Predio |
Refª. catastral |
Paraxe |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36039A037007170000DX |
Casal |
Nieves Iglesias Parada |
22 de abril de 2025 |
13 |
