DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2025 Páx. 8541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente con número de credencial 101945 e dez máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinala no anexo para seren notificadas por comparecencia do requirimento de documentación para a emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe da Sección do Rexistro de Demandantes de Vivenda da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 16 de decembro de 2024

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente/credencial

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

101945

71157502X

Requirimento de documentación

VI428C-971754

06730307R

Requirimento de documentación

VI428C-972332

07106228X

Requirimento de documentación

VI428C-972935

05547007M

Requirimento de documentación

VI428C-974930

09446272B

Requirimento de documentación

VI428C-977012

22725890G

Requirimento de documentación

VI428C-977015

44805404R

Requirimento de documentación

VI428C-977020

49684929F

Requirimento de documentación

VI428C-977980

16883716Z

Requirimento de documentación

VI428C-978824

49332039Y

Requirimento de documentación

VI428C-979202

Z0054507W

Requirimento de documentación