DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2025 Páx. 8486

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2025 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2025 de pase á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais, derivado do publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

En cumprimento do establecido no acordo vixente para a aplicación da segunda actividade derivado do acordo publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, convócase o procedemento para a concesión da segunda actividade no ano 2025 de acordo co seguinte:

Primeiro. Pode solicitar o pase á segunda actividade o persoal traballador fixo e temporal das categorías de bombeiros/as forestais que cumpra ou teña cumprido xa no ano 2025 os 60 anos de idade e que se comprometa a xubilarse á idade legalmente establecida ou, de ser maior de 65 anos, no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade.

Segundo. As persoas interesadas pasarán á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Defensa contra Incendios Forestais sen vinculación directa á extinción de incendios.

Terceiro. As solicitudes (anexo II) deberán ir acompañadas do compromiso de xubilación (anexo III) e remitiranse á Consellería do Medio Rural, que será a competente para realizar a proposta de adscrición á segunda actividade á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que é a competente para resolver todas as solicitudes presentadas.

Cuarto. O prazo de solicitude será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2025

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO II

Solicitude de segunda actividade persoal do SPDCIF

Datos persoais

DNI

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Data de nacemento

Teléfono

Grupo

Categoría

Enderezo

Código postal

Localidade

Datos do posto de traballo

Datos do posto de traballo definitivo

Código do posto de traballo

Denominación

Distrito

Tipo de posto

12 MESES

DESCONTINUO

Se o posto de traballo que desempeña é distinto do posto definitivo, cubra ademais a epígrafe seguinte. No caso de ter destino provisional, deberá cubrir unicamente a seguinte epígrafe:

Datos do posto de traballo desempeñado

Código do posto de traballo

Denominación

Distrito

Tipo de posto

12 MESES

DESCONTINUO

SOLICITO: o pase á segunda actividade.

_____________________, ____ de _____________ de 2025

(Sinatura)

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANEXO III

Compromiso de xubilación

______________________________________________, con DNI ____________, coa categoría de ____________ e destino no posto ________________, para os efectos de solicitar o meu pase á segunda actividade, comprométome a xubilarme:

 Á idade legalmente establecida.

 Ao finalizar o prazo dun ano desde a data de efectos da adscrición por pase á segunda actividade (para o caso de solicitante que teña cumpridos os 65 anos).

O que asino en ________________, _____________________ (data).

Asdo. __________________