Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Vigo, 19 de decembro de 2024
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO I
Procedemento BS650A
|
Núm. de expediente |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00134-I/94 |
35323631R |
Suspensión 17.9.2024 |
|
36/00418-I/02 |
76811798D |
Extinción 23.10.2024 |
|
36/00097-I/19 |
77677781L |
Extinción 15.10.2024 |
|
36/00570-I/19 |
44082591D |
Suspensión 17.9.2024 |
|
36/00433-I/23 |
53175766L |
Denegación 21.11.2024 |
|
36/00286-I/24 |
36173947F |
Denegación 7.10.2024 |
|
36/00301-I/24 |
53399289M |
Denegación 24.10.2024 |
|
36/00351-I/24 |
Y0190415N |
Denegación 14.11.2024 |
|
36/00338-I/24 |
77008257W |
Denegación 21.11.2024 |
|
36/00387-I/24 |
44079588L |
Denegación 26.11.2024 |
ANEXO II
Procedemento BS650G
|
Núm. de expediente |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00933-X/23 |
35256734B |
Caducidade 6.5.2024 |
|
36/00713-X/24 |
77974662Q |
Caducidade 12.11.2024 |
|
36/01051-X/24 |
76858756R |
Denegación 18.11.2024 |
|
36/00555-X/24 |
11192740C |
Caducidade 25.11.2024 |
|
36/01088-X/24 |
X3617298L |
Denegación 26.11.2024 |
