DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2025 Páx. 8669

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

José Manuel Cal Vázquez, con DNI ***0541**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín, co CIF G-36309839, pola presente convoco a asemblea xeral ordinaria o día 16 de febreiro de 2025 no local do Centro Sociocultural de Chaín, ás 11.00 horas en 1ª convocatoria e ás 11.30 horas en 2ª convocatoria, de acordo coa seguinte orde do día e aprobación, se procede:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Estado de contas, cotas 2025.

3. Aprobación de presupostos e obras 2025.

4. Altas e baixas de comuneiros.

5. Aprobacion de solicitude de subvencións á Xunta de Galicia, Augas de Galicia e Deputación Provincial. Nomeamento de representante.

6. Aprobación de acto de disposición, mediante cesión de superficie de monte comunal, entre a comunidade de montes de Chaín e a comunidade de usuarios.

7. Rogos e preguntas.

Chaín-Ponte Caldelas, 3 de xaneiro de 2025

José Manuel Cal Vázquez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín