A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de novembro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística por obras realizadas en solo urbano que ocupan terreos previstos para vías público, expediente PO-0174-2024.
Ao non podérselles realizar a notificación persoal do acordo ás persoas interesadas herdeiras de Eliseo Tormo Sanchís, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios dos cales pretendan valerse.
Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
