No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 251, do 31 de decembro de 2024, foi publicado o anuncio da resolución pola que se convoca novamente a provisión en propiedade da praza vacante deste concello, coas seguintes características:
– 1 (unha) praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, grupo B de clasificación.
Sistema selectivo: concurso-oposición en quenda libre.
As bases que rexen a convocatoria foron publicadas integramente no BOP núm. 247, do 30.12.2022, e as súas correccións nos BOP núm. 6, do 10.1.2023, e núm. 104, do 2.6.2023.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Sada, 21 de xaneiro de 2025
Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde
