DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2025 Páx. 8526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 2 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.97458).

Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 3 de xuño de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 33669, onde di: «Orixe: manancial na parcela 253, polígono 70 do catastro de Vilaboa», debe dicir: «Orixe: manancial na parcela 460, polígono 72 do catastro de Vilaboa».

E onde di: «depósito 5,70×8,80×2,40 m na parcela 460, polígono 72», debe dicir: «depósito 5,70×8,80×2,40 m na parcela 253, polígono 70».