DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2025 Páx. 8993

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de setembro a decembro de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego,
Comercio e Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e
Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio entre o organismo autónomo estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social e a Comunidade Autónoma de Galicia para a cesión do uso de diversas aplicacións informáticas.

Establecer os termos e as condicións aplicables para a utilización por parte da Comunidade Autónoma de Galicia das aplicacións informáticas seguintes:

– Aplicación Ariadna.

– Aplicación Lei 45 (anexo II).

17.10.2024

(Sen contido económico)

Convenio entre a Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento efectivo da cooperación para a consecución dos fins públicos asignados á ITSS.

En cumprimento do artigo 25.1 e 2 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, a instrumentación da cooperación entre a Administración xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, para o mellor desenvolvemento do servizo público encomendado á ITSS.

2.12.2024

(Sen contido económico)

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Santa María la Real del Patrimonio histórico, para a implantación en Galicia do Programa Hubs de activación da empregabilidade: segundo e terceiro Hub.

Fixar os termos da colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Santa María la Real, para o desenvolvemento en Galicia do Programa Hubs de activación da empregabilidade: segundo e terceiro Hub, nas localidades da Coruña, Redondela e Pontevedra.

Trátase dun programa titularidade da Fundación Santa María la Real, para conseguir a activación persoal e profesional de persoas desempregadas vulnerables e con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, así como o impulso da súa empregabilidade.

19.12.2024

Ano 2024: 21.686,14

Ano 2025: 81.115,86

Total: 102.802,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

152.568,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

526.530,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Agrupación Industrial de Automoción e Mobilidade de Galicia (Ceaga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

16.12.2024

360.402,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Centros de Ensino de Perruquería e Estética de Galicia (Cepega) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

399.935,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Agrupación industrial Galego da Industria e Servizos de Apoio ao Desenvolvemento das Enerxías Renovables (Cluergal) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

1.233.603,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

1.483.942,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Laboral da Construción para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

723.250,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Agrupación Industrial da Función Loxística de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

469.610,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Agrupación Industrial TIC Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Realización de accións formativas de carácter non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial correspondentes.

10.12.2024

2.138.136,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e García y Chans, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais.

Realización na empresa García y Chans, S.L. de prácticas non laborais dirixidas a persoas novas desempregadas.

25.9.2024

(Sen contido económico)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para o desenvolvemento da actividade de coordinación do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

En virtude deste convenio a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal asumirá a realización das actividades de coordinación do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

11.10.2024

188.187,32

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Associação Empresarial do Distrito de Viana do Castelo-Câmara de Comércio e Indústria das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Associação Empresarial do Distrito de Viana do Castelo-Câmara de Comércio e Indústria para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

12.12.2024

16.502,88

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Associação Empresarial de Portugal das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Associação Empresarial de Portugal para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

12.12.2024

158.351,39

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Associação Empresarial do Alto Tâmega das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Associação Empresarial do Alto Tâmega para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

12.12.2024

16.220,29

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Confederação Empresarial do Alto Minho das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Confederação Empresarial do Alto Minho para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

12.12.2024

12.647,29

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Comunidade Intermunicipal do Alto Minho das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Comunidade Intermunicipal do Alto Minho para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

12.12.2024

4.570,18

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Universidade de Vigo das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Universidade de Vigo para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

12.12.2024

52.248,00

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

26.12.2024

62.946,76

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio Confederación de Empresarios de Galicia das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade Confederación de Empresarios de Galicia para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

26.12.2024

82.907,77

Acordo de transferencia de orzamento para a realización polo socio União Geral de Trabalhadores de Portugal das actividades incluídas no programa EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade União Geral de Trabalhadores de Portugal para a realización das actividades incluídas no Acordo de subvención do proxecto 101139806-EURES-T G-NP 24-25 subscrito entre a Comisión Europea e os socios do programa EURES-T G-NP.

26.12.2024

40.588,85

Convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e Cáritas Federadas da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela-Cáritas Federadas en Galicia para o desenvolvemento dun programa de arraigo para a formación.

Establecer as condicións e compromisos polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade Cáritas Federadas en Galicia para o deseño, desenvolvemento e seguimento dun programa de arraigo para a formación dirixido a persoas inmigrantes en situación irregular, cuxo obxectivo é que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo facilitando a súa integración sociolaboral e poder regularizar a súa situación.

23.9.2024

618.450,00

Convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e Cáritas Diocesana de Lugo para o desenvolvemento dun programa de arraigo para a formación.

Establecer as condicións e compromisos polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade Cáritas Diocesana de Lugo para o deseño, desenvolvemento e seguimento dun programa de arraigo para a formación dirixido a persoas inmigrantes en situación irregular, cuxo obxectivo é que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo facilitando a súa integración sociolaboral e poder regularizar a súa situación.

23.9.2024

162.750,00

Convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia para o desenvolvemento dun programa de arraigo para a formación.

Establecer as condicións e compromisos polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade Federación EFA Galicia para o deseño, desenvolvemento e seguimento dun programa de arraigo para a formación dirixido a persoas inmigrantes en situación irregular, cuxo obxectivo é que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo facilitando a súa integración sociolaboral e poder regularizar a súa situación

23.9.2024

162.750,00

Convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a ONG Rescate Internancional para o desenvolvemento dun programa de arraigo para a formación.

Establecer as condicións e compromisos polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade ONG Rescate Internacional para o deseño, desenvolvemento e seguimento dun programa de arraigo para a formación dirixido a persoas inmigrantes en situación irregular, cuxo obxectivo é que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo facilitando a súa integración sociolaboral e poder regularizar a súa situación.

19.11.2024

227.850,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as Confederacións Empresariais provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para levar a cabo o programa Ultreia Galicia rexión emprendedora, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE.

Establecer as bases que rexerán o programa Ultreia Galicia rexión emprendedora: retos e solucións para un territorio intelixente. Este programa nace co obxecto de conectar persoas emprendedoras e axentes do ecosistema para acadar o propósito de impulsar o seu camiño no emprendemento; de conectar persoas emprendedoras cos axentes que impulsan e moven o ecosistema de emprendemento de Galicia e con excelentes investidores dispostos a prestar en apoio a empresas con visión de futuro

23.9.2024

240.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o Concello de Vilanova de Arousa e a fundación Juana de Vega para a posta en marcha do polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa.

Establecer as condicións polas que se desenvolverá a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o Concello de Vilanova de Arousa e a Fundación Juana de Vega na posta en marcha do polo de emprendemento de Vilanova de Arousa, que estenderá a súa actividade á súa área comarcal de influencia e que terá a súa sede no pazo de Vista Real.

11.10.2024

83.624,68

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (actual, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) e a Federación Galega de Xoves Empresarios para a realización de actividades de fomento do emprendemento e traspaso de negocios, integradas no programa anual de actividades do centro de orientación, emprendemento, acompañamento e innovación para o emprego da Comunidade Autónoma Galicia.

Modificar a modalidade de financiamento de xeito que se poidan aplicar ao convenio fondos MRR.

22.11.2024

(Sen contido económico)

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e igualdade (actual Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) e a Fundación Juana de Vega para o financiamento da coordinación da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Modificar a modalidade de financiamento de xeito que se poidan aplicar ao convenio fondos MRR.

27.11.2024

(Sen contido económico)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) para o desenvolvemento do Programa adapta local.

O desenvolvemento do Programa adapta local.

12.12.2024

72.600,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Mos para o desenvolvemento do Programa queda en Mos.

O desenvolvemento do Programa queda en Mos.

12.12.2024

27.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración (actual Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) da Xunta de Galicia e a Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Establecer o marco da colaboración para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, desde 1850 ata o momento presente.

23.10.2024

10.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración (actual, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) da Xunta de Galicia e a diocese de Lugo.

Establecer o marco da colaboración para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e da expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano Central Parroquial de Lugo.

18.10.2024

5.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración (actual, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense.

Establecer o marco da colaboración para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e da expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense.

18.10.2024

8.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración (actual Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Establecer o marco da colaboración para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.

18.10.2024

5.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil) para a organización dunha carreira solidaria.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Emprego, comercio e Emigración e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da realización dunha carreira solidaria.

6.9.2024

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Lar Gallego de Sevilla para a actuación urxente na instalación eléctrica da sede social.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a actuación urxente na instalación eléctrica da sede social da Asociación Lar Gallego de Sevilla.

17.09.2024

10.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Ourensán de Montevideo para a impermeabilización urxente da azotea do local anexo á sede social.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a impermeabilización urxente da azotea do local anexo á sede social do Centro Ourensán de Montevideo sita na rúa Ana Monterroso de Lavalleja, 2010.

30.10.2024

10.780,00

Colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Lar Gallego de Avilés para a substitución urxente dunha cuberta con amianto nas instalacións da sede social.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a substitución urxente dunha cuberta de fibrocemento con amianto nas instalacións da sede social da Asociación Lar Gallego de Avilés.

12.11.2024

8.140,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e instrução para a instalación de equipamentos e sistemas de prevención contra incendios na sede social.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a instalación de equipamentos e sistemas de prevención contra incendios na sede social da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçãos.

25.11.2024

9.114,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Espanhol y Repatriación de Santos para a intervención urxente na instalación eléctrica na sede social.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a actuación urxente na instalación eléctrica na sede social do Centro Espanhol y Repatriación de Santos.

25.11.2024

9.793,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Galego de Valencia para a adquisición urxente de electrodomésticos, instrumentos musicais e vestimenta tradicional galega para a súa sede social.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para a adquisición urxente de electrodomésticos, instrumentos musicais e vestimenta galega que se estragaron durante a gota fría que afectou a Comunidade Valenciana ao inundarse as instalacións da sede social do Centro Galego de Valencia.

3.12.2024

8.245,00