Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 25 de novembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 233, do 3 de decembro), habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) presentasen a documentación exixida na base novena.
Nesta mesma base da resolución da convocatoria disponse que os/as aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións.
Establécese, así mesmo, que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.
De conformidade coa indicada base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. En cumprimento das bases 9.1 e 9.2 da Resolución do 27 de decembro de 2022 desta dirección xeral, excluír do proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da participación neste, a seguinte aspirante por non presentar, dentro do prazo fixado, a documentación preceptiva exixida:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Clase |
|
***9360** |
González Martínez, María Jesús |
LI |
Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública |
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
Segundo. Como consecuencia do anterior, declarar seleccionada no concurso de méritos para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), logo de achegar a documentación exixida na base 9.1 da resolución de convocatoria do proceso, a seguinte aspirante:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Clase |
|
***9360** |
Tejeda Pascual, María Rocío |
LI |
Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública |
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
Terceiro. Publicar, como anexo I, a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso de méritos para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
A base décima da resolución de convocatoria establece que non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira as persoas aspirantes seleccionadas que no momento de expedir o correspondente nomeamento se encontren en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual (na clase a que opta), incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez. Tendo en conta a existencia na categoría de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública dunha aspirante seleccionada que se encontra nesa situación, difírese a adxudicación da praza, o nomeamento e o inicio dos prazos posesorios desa aspirante, dada a previsión de recuperación da capacidade funcional.
Cuarto. Aprobar a relación de prazas que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.
Quinto. Convocar as/os aspirantes seleccionadas/os incluídas/os no anexo I para que, nun único chamamento e acto, elixan obrigatoriamente destino provisional pola orde de puntuación acadada no concurso de méritos.
O acto de elección de destino terá lugar o mércores 12 de febreiro de 2025, no salón de actos da Consellería de Sanidade; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, ás 9.00 horas para todas as clases: farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública, inspector/a médico/a e subinspector/a sanitario/a.
Sexto. O dito acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:
a) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.
b) Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de documento nacional de identidade ou doutro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.
c) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino no prazo e de acordo co procedemento establecido non poderá ser nomeado/a persoal sanitario funcionario de carreira da respectiva clase, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non se terán en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.
d) As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, regulada no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste suposto, deberán presentarse ao chamamento cun certificado da persoa responsable da súa unidade de persoal de data posterior á desta resolución, no cal conste a súa condición de persoal funcionario de carreira, estatutario ou laboral fixo.
e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen o/a aspirante no acto de elección.
Sétimo. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal funcionario de carreira e asignación de destino provisional a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
Oitavo. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base décimo primeira da resolución de convocatoria do proceso.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO I
Relación de aspirantes seleccionados/as
|
Clase de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública |
|||||||
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Experiencia profesional |
Formación continuada |
Coñecemento de galego |
Total |
|
1 |
***3105** |
Pastur García, María Begoña |
LI |
13,980 |
12,000 |
5,000 |
30,980 |
|
2 |
***5944** |
Novoa Fernández, Purificación |
LI |
11,760 |
12,000 |
5,000 |
28,760 |
|
3 |
***3580** |
Tejeda Pascual, María Rocío |
LI |
11,700 |
12,000 |
5,000 |
28,700 |
|
Clase de inspector/a médico/a |
|||||||
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Experiencia profesional |
Formación continuada |
Coñecemento de galego |
Total |
|
1 |
***5038** |
Pena Castro, María del Carmen |
LI |
28,000 |
12,000 |
5,000 |
45,000 |
|
2 |
***2343** |
Opazo Conde, María Jesús |
LI |
28,000 |
11,430 |
5,000 |
44,430 |
|
3 |
***3754** |
Liste López, María Teresa |
DI |
26,520 |
12,000 |
5,000 |
43,520 |
|
Clase de subinspector/a sanitario/a |
|||||||
|
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Experiencia profesional |
Formación continuada |
Coñecemento de galego |
Total |
|
1 |
***2986** |
Costas Serrano, Susana |
LI |
18,360 |
5,340 |
5,000 |
28,700 |
Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
ANEXO II
Relación de prazas ofertadas
Clase subinspector/a sanitario/a.
|
Nº |
Código |
Denominación |
Centro de destino |
Centro |
Localidade |
Provincia |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
CSA991010115001039 |
Subinspector/a sanitario/a |
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios |
Servizos periféricos |
A Coruña |
A Coruña |
A2 |
20 |
Clase inspector/a médico/a.
|
Nº |
Código |
Denominación |
Centro de destino |
Centro directivo |
Localidade |
Provincia |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
CSA991010115001029 |
Inspector/a médico/a |
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios |
Servizos periféricos |
A Coruña |
A Coruña |
A1 |
26 |
|
2 |
CSA991010127001013 |
Inspector/a médico/a |
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios |
Servizos periféricos |
Lugo |
Lugo |
A1 |
26 |
|
3 |
CSA991010132001012 |
Inspector/a médico/a |
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios |
Servizos periféricos |
Ourense |
Ourense |
A1 |
26 |
Clase farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública.
|
Nº |
Código |
Denominación |
Centro de destino |
Centro directivo |
Localidade |
Provincia |
Subgrupo |
Nivel |
Observacións |
|
1 |
CSA992000327300009 |
Farmacéutico/a inspector de Saúde Pública |
Servizo de Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Monforte |
Servizos periféricos |
Monforte de Lemos |
Lugo |
A1 |
24 |
Dispoñibilidade horaria |
|
2 |
CSA992000332090005 |
Farmacéutico/a inspector de Saúde Pública |
Servizo de Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona O Barco |
Servizos periféricos |
O Barco de Valdeorras |
Ourense |
A1 |
24 |
Dispoñibilidade horaria |
|
3 |
CSA992000336240005 |
Farmacéutico/a inspector de Saúde Pública |
Servizo de Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Lalín |
Servizos periféricos |
Lalín |
Pontevedra |
A1 |
24 |
Dispoñibilidade horaria |
